07 septiembre 2010

Que haxa medios en galego importa

«Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono.
Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora».   
LIGAZÓN ao manifesto da iniciativa OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN.

2 comentarios:

  1. Suelo escuchar un programa de una radio de Galicia llamado "A Ultima Fronteira", lo escucho porque en él pasan buena música y, durante la introducción, leen desde hace un tiempo alguno de mis poemas. Si bien a mis poemas los leen en español, el programa lo hacen en idioma galego y aunque yo jamás había escuchado el galego lo entiendo casi en su totalidad (cuando lo escucho, no cuando lo leo, aclaro).

    Es una lengua que me resulta muy musical, con similitudes con el portugués y el bubble (digo esto sin ser linguista así que no me tiren a matar) y que, verdaderamente, debería ser conservada y estimulado su uso en Galicia, para que no se pierda.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. A SERGIO,
    Co teu consentimento implícito, responderei-te na língua deste país chamado Galicia.
    A túa actitude é a de quen está pola cultura. As raigames do desprezo pola lingua están nunha visión exclusivamete "política" e uniformadora da realidade, na que están a misturar cultura e Estado, mesmo sentimentos e intereses económicos e o desexo de Poder.
    Mais por riba de todo está a cultura e, polo tanto, a obriga de evitar que morra unha lingua que é substancial no mosaico cultural que sempre foi e continúa a ser a Península.
    Coido que esa é a razón que move á defensa da lingua aos que vivimos na Galicia, sexamos ou non nacionalistas --esta, a ideolóxica e os proxectos de xestión ou de goberno, é outra teima e convén mante-la ao marxe da defensa da cultura.

    ResponderEliminar

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.